REDE INMUNOgENOM
A rede INMUNOGENOM xurdiu no ano 2014 coa finalidade de establecer un marco de colaboración entre grupos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), cunha importante traxectoria de investigación en acuicultura, e incorporando a experiencia do grupo de Patoloxía de Moluscos do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA). Os grupos teñen unha activa colaboración co sector industrial e as administracións públicas, de ahí a importante proxección aplicada da sua actividade.
O enfoque principal da rede INMUNOGENOM é a abordaxe multidisciplinar do estudo das principais patoloxías de peixes e moluscos, para facilitar o seu control e para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á mellora e sustentabilidade da produción da Acuicultura Galega. A rede serve como plataforma para proporcionar servizos á industria, comunidade universitaria e centros de investigación, para dar soporte científico e técnico ás propostas de novos proxectos e para responder os problemas actuais e futuros do sector. Outro ámbito de actividade da rede, desenvolvido con éxito durante o seu funcionamento, é o da formación e divulgación, coa organización de workshops, reunións científicas e impartición de cursos abertos ao mundo académico, industrial e administrativo.
A rede está financiada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia.
Benvido/a!
Onde
Auditorio da Facultade de Veterinaria, Lugo
Rúa Carballo Calero,
27001 Lugo.
Pulse aquí para consultar a ubicación en Google maps.
CAndo
Xoves 29 de novembro de 2018
9:30 - 19:15
InscricIÓnS
Apertura de inscricións ata o 26 de novembro do 2018. Consulta toda a información e inscríbete no apartado INSCRICIÓN.
Outras actividades da rede
pRÓXIMO WORKSHOP
30/11/2018
Título: Necropsia y toma de muestras en peces
Duración: 4 horas
Lugar: Laboratorio de Anatomía Patológica. Facultad de Veterinaria
Fecha: día de la acuicultura (30/11/2018)
Programa:
- Presentación e introducción (30 min)
- Extracción de sangre. Técnicas de diagnóstico en fresco (2 horas)
- Examen postmortem. Toma de muestras. Informe (90 minutos)
Docentes:
-
Maribel Quiroga Berdeal
Profesora Investigadora del Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias y coordinadora del Grupo de Anatomía Patolóxica Veterinaria (Gapavet) de la USC
-
Roberto Bermúdez Pose
Profesor Investigador del Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias y miembro del Grupo de Anatomía Patolóxica Veterinaria (Gapavet) de la USC
-
Ana Losada
Profesora Investigadora del Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias y miembro del Grupo de Anatomía Patolóxica Veterinaria (Gapavet) de la USC
Asistentes: 10-20 asistentes
Coste: GRATUITO para os asistentes ao congreso
Con CERTIFICADO DE ASISTENCIA
Consulta as túas dúbidas