top of page

información sobre os abstracts

  • Comunicacións orais: PRAZO PECHADO. Aqueles participantes que queiran optar a presentar o seu traballo mediante unha charla de 10 minutos de duración, deberán enviar o abstract indicando a sua preferencia antes do 15 de outubro do 2018. Nada máis finalizada a data, o comité científico levará a cabo a valoración e selección de todos os traballos, baseada na calidade e diversidade dos mesmos. O resultado será comunicado con moita brevidade. Todas aquelas persoas cuxo traballo non fose seleccionado para comunicación oral, pasarán automaticamente á categoría de presentación póster. Aqueles candidatos non seleccionados que prefiran ir unicamente en calidade de asistente, deberán informalo enviando un email a:

i.encontro.mocidade.investigadora.acuicultura@usc.es

  • Só Asistencia: Aqueles participantes que non desexen presentar ningún traballo no congreso, poden asistir en calidade de asistente e non fai falta que o especifiquen, xa que ao non enviar abstract se sobreentenderá dita intención.

 

IMPORTANTE: Todos aqueles participantes que non envíen o resumo do seu traballo antes da data límite correspondente, só poderán ir ao congreso en calidade de asistente.

normas para os abstracts

Normas para a elaboración dos resumos (oral e panel):

1. Por favor descarga o modelo que atoparás a continuación, para escribir a túa achega científica (abstract):  Modelo_resumo_Xornadamocidade 2018.doc. Por favor, lede ben as instruccións que atoparedes no modelo.

2. Os abstracts enviaranse exclusivamente vía correo electrónico á seguinte dirección: i.encontro.mocidade.investigadora.acuicultura@usc.es, en formato PDF co seguinte nome do arquivo:

Apelidos_ Nome_IXMIA.pdf.

Exemplo: nome do arquivo a enviar TorresCorral_Yolanda_IXMIA.pdf

3. A data límite de recepción dos abstracts será 15 de outubro de 2018. PRAZO PECHADO

bottom of page